Galiza Permaculture Network
MANIFESTO COSMO-LOCALISTA
Fagamos da permacultura en Galiza un movemento non só local e biorexional, senón tamén estatal, europeo, internacional e cósmico.
'PERMACULTURA GALIZA' É SOBRE PERMACULTURA DE, EN E POR AMOR A GALIZA.
'PERMACULTURA GALIZA' NON É NACIONALISTA: A SÚA LABOR É PARA SERVIR A GALIZA E A TODAS AS NACIÓNS E SOBRE TODO A REXENERACIÓN DA TERRA.
'PERMACULTURA GALIZA' NON ESIXE OITO APELIDOS GALEGOS!!! AQUÍ NON FALAMOS SÓ GALEGO: SOMOS POLO MENOS CATRILINGÜES (GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS, PORTUGUÉS).
AMAMOS GALIZA E NON TEMEMOS QUE A NOSA LINGUA SE PERDA PORQUE SEMPRE SE FALOU (RESISTINDO!!!) E SEMPRE SE FALARÁ!!! SE FALAMOS MAIS DE CATRO LINGUAS E PORQUE TEMOS AMIG@S DE MOITAS PARTES DO MUNDO QUE QUEREMOS QUE SE SENTAN PARTÍCIPES NESTA REDE E NO PROXECTO MAIS REVOLUCIONARIO DO SÉCULO XXI <3
Este grupo ten como obxectivo informar, reunir e convocar actividades e prácticas de permacultura, 'cidades en transición', comunidades intencionales, ecoaldeas e outras iniciativas orientadas ao activismo e á rexeneración ambiental e ecolóxica. Estas iniciativas participan na co-creación de comunidades sustentables e revitalizantes das distintas biorexións de Galiza.
Este espazo mostra noticias que pola súa relevancia virán no idioma galego, castelán, portugués e inglés, indistintamente. A permacultura é un movemento e unha ciencia con orixe en Australia. Por tanto, non é de estrañar que moitas fontes de información sexan en inglés. Aquí publicamos en inglés non para excluír aos que non coñecen o idioma senón para ofrecer coñecementos directamente desde a fonte primaria, sen intermediación nin interpretación que poida distorsionar o significado orixinal.
Poden utilizar o tradutor de google, no caso de perderse algunha información de interese. Ou, aventurarse con un idioma novo, que axuda a expandir a nosa visión do mundo e tamén ampliar a nosa variedade de amigos e coñecementos nun mundo que está a cambiar constantemente, e que necesita de persoas de mente e corazón, abertas, curiosas, creativas, xenerosas, amantes de Galiza.
Acuicultura
Agricultura natural
Agricultura tradicional e indíxena
Agricultura sinérxica
Agricultura sintrópica
Agroecoloxia
Agroforestería
Agrosilvicultura
Apicultura
Bioarquitectura natural
Bioconstrucción
Biorexión
Bosque comestible
Ecoaldeas
Forestería Análoga
Permacultura
Sistemas agroforestales
Soberanía alimentaria
Soberanía enerxética
Silvicultura
Sistemas agroflorestales
Transición enerxética